AGORA TOCA O MOMENTO DAS DESPEDIDAS!!! PERO NON VOS PREOCUPEDES, NO MES DE SETEMBRO VOLVEREMOS A VERNOS SE NON NOS CRUZAMOS ANTES POLAS RÚAS!!!!
O MEU ÚNICO DESEXO E QUE, CANDO VOLVAMOS A VERNOS, SEXAMOS TODOS RESPONSABLES E CONSECUENTES, PARA, DESTE XEITO, SABER ACTUAR CON RESPONSABILIDADE ANTE AS SITUACIÓNS QUE NOS POIDAN XURDIR.
GUSTARÍAME AGRADECER TANTO AS FAMILIAS COMO OS MEUS PEQUENOS E PEQUENAS, QUE CONSULTARAN TANTO OS BLOGUES, TANTO O REFENTE A INFANTIL (O NOSO CICLO: Educación Infantil), COMO O MEU (omeup.blogspot.com - As miñas xoaniñas), AMBOS INCLUIDOS NA PÁXINA WEB DO CENTRO (ceip.xose.fernandez@edu.xunta.es) PORQUE, GRAZAS A ELES, OS NENOS E AS NENAS PUIDERON SEGUIR TRABALLANDO, PODENDO ACCEDER A INFORMACIÓN AÍNDA QUE SOLO FOSE A TRAVÉS DA REDE, AÍNDA QUE FOSE DE XEITO VIRTUAL.
POR OUTRA BANDA TAMÉN ME GUSTARÍA AGRADECER A TODAS AS MIÑAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, É DICIR, A TODO O PROFESORADO DO CEIP PLURILINGÜE XOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ A SÚA COLABORACIÓN E AXUDA CONSTANTE EN CADA MOMENTO, ESPECIALMENTE O NOSO EQUIPO DIRECTIVO, PRESENTE EN CADA PASO, EN CADA MOMENTO, EN CADA DECISIÓN, APOIANDO A TODOS SEN EXCEPCIÓN.
MOITAS GRAZAS E ATA O NOVO CURSO ESCOLAR, 2020 - 2021, ONDE ESPERO ATOPAR, DE NOVO, A TODOS SORRINTES E FELICES.
ABURIÑO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario