Buscar este blog

lunes, 20 de febrero de 2017

PARTES DUN CARTAFOL DOCENTE

Boas tardes, eu empregaría como plataforma Blogger xa que estou bastante habituada a ela. O meu portafolios sería grupal e moi visual, para que absolutamente tódolos nenos e nenas puidesen participar nel, e engadir as súas ideas e coñecementos previos, e para despois poder agrupalos tendo en conta o seu novo coñecemento da materia en cuestión.
  Entre as Seccións ou apartados que serían obrigatorios no meu Cartafol Docente destacaría:
  • Coñecementos ou ideas previas.
  • Tarefas ou probas sobre o tema.
  • Resultados da investigación.
  • Materiais que os nen@s van traendo da casa para profundizar (fotografías, vídeos, debuxos, manualidades, (...)).
  • Áreas a avaliar.
            En canto a súa Actualización farémolo semanalmente, é dicir, iremos recollendo os novos conceptos aprendidos e ampliaremos, pouco a pouco, o noso novo coñecemento.
             As Ferramentas Dixitais para a confección do meu Portafolio ou Cartafol pertencen a web 2.0; ademáis do Blogger empregarei tamén  YouTube,GoogleMyspacePinterestDiigo, (...).
Esta información tamén a podedes consultar no meu blog https://omeup.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario