Nun primeiro momento decidín
meterme neste curso para intentar traballar as miñas habilidades informáticas
que xa estaban bastante esquecidas e por en práctica tódalas ferramentas que me
están brindando para o meu propio aprendizaxe; e penso que, pouco a pouco, van
dando algún que outro resultado que, de seguro para moitos non será suficiente,
mentras que para mín é bastante importante.
Cabe
destacar que, en cada novo módulo no que se me pide unha nova tarefa pensó que
non vou a chegar, que non me vai a dar tempo, porque cun pequecho de dous anos
que non para quieto e que precisa en
todo momento do amor inconmensurable da súa nai unha desespérase, pero, ao
final, todo sae, aínda que no último momento, pero xa estamos no sexto módulo,
e tan só me falta facer este artigo e envíalo ao meu blog, pois ahí vou.
A curación de contidos fai
referencia a un proceso de búsqueda, filtración, organización e difusión da
información sobre un tema en concreto, tales como actividades que teñan que ver
coa ASAMBLEA, LÓXICA – MATEMÁTICA, LECTOESCRITURA, RECUNCHOS, METODOLOXÍA, (…)
referida, por exemplo, á Educación Infantil.
Unha
vez que este proceso teña lugar e nos guste o seu resultado unha vez levado á
aula, podemos escribilo e compartilo ou ben no noso BLOG, en TWITTER, en
FACEBOOK, (…) para que todos aqueles docentes, pais ou simplemente curiosos,
intenten lévalo a cabo con aquelas persoas que estén ao seu redor, xa sexan
discentes, fillos/as ou amigos/as.
Este
é o caso de PINTEREST, eu descubrino por unha amiga do cole que un día me dixo
que estaba farta de buscar algo por internet e non ter ninguna plataforma na
que gardalo ata que, a través dun curso, descubriu esta aplicación, e comezou a
usala, facéndome coñecedora dela.
A
verdade é que é estupendo poder gardar aquelos documentos ou actividades que
sabes que nun futuro che farán falla.
A
escola é un gran mundo no que hai que traballar non só con libros e libretas,
senón que temos ao noso alcance unha gran fonte de información a través da
rede, na que podemos atopar tutoriais
para alguna ferramenta da que descoñecemos o seu uso, música para traballar alguna coreografía para algún dos festivais, información sobre países sobre os que
queremos saber máis, (…) pero coa que, as veces, temos que andar con moito
coidado.
Espero
que entenderan o que para mín é a CURACIÓN DE CONTIDOS dende o punto de vista
da educación. Gracias polo seu tempo.