Buscar este blog

sábado, 3 de diciembre de 2016

REFLEXIÓN SOBRE O CURSO

Bos días, debo decir que este curso cambiou a miña forma de ensinar aos máis pequenos, facendo uso das difentes ferramentas das que os titores do curso, excelentes profesionais e cunha paciencia infinita, me deron a ocasión de descubrir é desfrutar, sen olvidarme tampoco de tódolos meus compañeiros e compañeiras os que me solucionaron tódalas dúbidas que, nos primeiros momentos, parecíanme existencias e que, pouco a pouco, fumos resolvendo, respirando e retomando unha nova tarefa das 10 propostas polos nosos queridos titores. A pesar de pásalo bastante mal e de intentar rendirme con cada unha dos módulos a elaborar, ao final conseguín rematar o curso, que por certo, encantoume. Só me queda dicir que a miña evolución foi similar a evolución do coro da película SISTER AC, donde os titores son representados pola actriz WHOOPI GOLDBERG, guiándonos no noso proceso de ensinanza - aprendizaxe, onde cada un elabora o seu. Aquí vos deixo o vídeo de youtube e a canción OH HAPPY DAY ">

REFLEXIÓN FINAL SOBRE O CURSO DE PLATEGA

domingo, 20 de noviembre de 2016

ARTIGO SOBRE A CURACIÓN DE CONTIDOS


      Nun primeiro momento decidín meterme neste curso para intentar traballar as miñas habilidades informáticas que xa estaban bastante esquecidas e por en práctica tódalas ferramentas que me están brindando para o meu propio aprendizaxe; e penso que, pouco a pouco, van dando algún que outro resultado que, de seguro para moitos non será suficiente, mentras que para mín é bastante importante.
        Cabe destacar que, en cada novo módulo no que se me pide unha nova tarefa pensó que non vou a chegar, que non me vai a dar tempo, porque cun pequecho de dous anos que non para quieto  e que precisa en todo momento do amor inconmensurable da súa nai unha desespérase, pero, ao final, todo sae, aínda que no último momento, pero xa estamos no sexto módulo, e tan só me falta facer este artigo e envíalo ao meu blog, pois ahí vou.
        A curación de contidos fai referencia a un proceso de búsqueda, filtración, organización e difusión da información sobre un tema en concreto, tales como actividades que teñan que ver coa ASAMBLEA, LÓXICA – MATEMÁTICA, LECTOESCRITURA, RECUNCHOS, METODOLOXÍA, (…) referida, por exemplo, á Educación Infantil.
        Unha vez que este proceso teña lugar e nos guste o seu resultado unha vez levado á aula, podemos escribilo e compartilo ou ben no noso BLOG, en TWITTER, en FACEBOOK, (…) para que todos aqueles docentes, pais ou simplemente curiosos, intenten lévalo a cabo con aquelas persoas que estén ao seu redor, xa sexan discentes, fillos/as ou amigos/as.
        Este é o caso de PINTEREST, eu descubrino por unha amiga do cole que un día me dixo que estaba farta de buscar algo por internet e non ter ninguna plataforma na que gardalo ata que, a través dun curso, descubriu esta aplicación, e comezou a usala, facéndome coñecedora dela.
        A verdade é que é estupendo poder gardar aquelos documentos ou actividades que sabes que nun futuro che farán falla.
        A escola é un gran mundo no que hai que traballar non só con libros e libretas, senón que temos ao noso alcance unha gran fonte de información a través da rede, na que podemos atopar tutoriais para alguna ferramenta da que descoñecemos o seu uso, música para traballar alguna coreografía para algún dos festivais, información sobre países sobre os que queremos saber máis, (…) pero coa que, as veces, temos que andar con moito coidado.

        Espero que entenderan o que para mín é a CURACIÓN DE CONTIDOS dende o punto de vista da educación. Gracias polo seu tempo.     

CURACIÓN DE CONTIDOS

domingo, 16 de octubre de 2016

TRABALLAMOS O OUTONO E O SAMAÍN

AULA DAS XOANIÑAS

        O curso pasado, 2015 - 2016, fun titora dunha maravillosa clase con 25 alumno e alumnas de 5 anos aos que adoro e adorarei sempre, e cos que traballamos durante 3 anos académicos un montón de proxectos como:
                                   

  • AS CORES
  • O PIRATAS
  • O OUTONO
  • OS CASTELOS
  • A PREHISTORIA
  • (...)
e cos que disfrutei e aprendín moitísimo. Gracias por deixar que vos acopañe na vosa formación e que vos axude, pouco a pouco, a convertirvos en cidadáns críticos, conscientes e responsables.